Ir ao contido

Escolle unha distribución

Dado que non existe un “único GNU/Linux”, atopar o que necesitas pode ser difícil. Aquí tes a nosa selección de tres distribucións amplamente utilizadas e fáciles de usar para principiantes.1

Debian é a base sólida do mundo GNU/Linux, famosa pola súa estabilidade e estrita adhesión aos principios do software libre. A diferenza de Ubuntu ou Fedora, está totalmente xestionada pola comunidade e libre de influencia corporativa. Debian prioriza a estabilidade e a liberdade por riba da comodidade. Para os usuarios que migran desde Windows, isto significa unha curva de aprendizaxe lixeiramente máis pronunciada: asume que queres o control total en lugar dun “control manual” automatizado.

Non obstante, se estás disposto a aprender, recompénsache cun sistema incriblemente seguro e fiable que está totalmente baixo o teu control. Se valoras a liberdade do software e queres un sistema operativo que reflicta realmente ese compromiso, Debian é o estándar de ouro.

  • Captura de pantaia de Debian

  • Captura de pantaia de Debian

  • Captura de pantaia de Debian

  • Captura de pantaia de Debian

Ubuntu é unha distribución GNU/Linux baseada en Debian. A filosofía que hai detrás de Ubuntu é que todos os usuarios de ordenadores deberían poder descargar e usar o seu software de balde, que calquera persoa debería poder usar o seu software na linguaxe que escolla e que calquera persoa debería poder usar todo o software independentemente da súa discapacidade. O resultado é un sistema operativo que ten unha excelente compatibilidade con hardware, é doado de usar e agradable á vista.

Recomendámosche esta distribución amigable e completa se estás a buscar unha maneira sinxela de comezar con GNU/Linux.

  • Captura de pantaia de Ubuntu

  • Captura de pantaia de Ubuntu

  • Captura de pantaia de Ubuntu

  • Captura de pantaia de Ubuntu

A distribución é obra da empresa Red Hat, destacada fai tempo no desenvolvemento de GNU/Linux. A disposición predeterminada é similar á de Debian, pero hai diferenzas nas aplicacións escollidas, nos protocolos de instalación e en varios elementos técnicos. Os desenvolvedores de Fedora están comprometidos coa innovación, o que se reflicte na incorporación de novas tecnoloxías desde o principio, proporcionando o último en software libre estable, robusto, útil e potente.

Recomendámosche esta distribución se queres aprender máis sobre o funcionamento dun sistema GNU/Linux, a configuración de seguranza ou traballar no desenvolvemento de software.

  • Captura de pantaia de Fedora

  • Captura de pantaia de Fedora

  • Captura de pantaia de Fedora

  • Captura de pantaia de Fedora


  1. Hai moitas distribucións para escoller e comparar. Esta é a nosa selección para os recén chegados. Estas ligazóns non son comerciais.